Atrás

A EMPRESA MIXTA DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PRESTA ASISTENCIA E COOPERACIÓN A TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE OURENSE QUE O SOLICITAN

A EMPRESA MIXTA DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PRESTA ASISTENCIA E COOPERACIÓN A TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE OURENSE QUE O SOLICITAN

 

En outubro de 2007 o Servizo de Augas e Medio ambiente da Deputación Provincial de Ourense detecta deficiencias e necesidades na xestión do Ciclo urbano nos municipios da provincia de Ourense. Ante tal situación, decide realizar unha serie de enquisas nos concellos da provincia para coñecer datos e información en materia do ciclo hídrico, así como as necesidades na prestación de servizos ligados ao mesmo. 

Co obxectivo de dar resposta ás necesidades detectadas nos anteditos estudos e tras superar o proceso de licitación pública, o 23 de decembro de 2008 Viaqua SAU e a Deputación de Ourense constitúen AquaOurense e en 2009 comeza a xestión dos servizos públicos provinciais de asistencia e cooperación coas Entidades Locais (EELL) da provincia de Ourense en materia de servizos relacionados coa xestión integral do ciclo hídrico e do medio ambiente.

AquaOurense, a través do seu modelo de cooperación, facilita e canaliza a colaboración público- privada para a xestión do ciclo hídrico e o medio ambiente en todos os concellos da provincia de Ourense que solicitan cooperación e asistencia á Deputación de Ourense a través dalgún dos 11 convenios de colaboración que existen para elo e que abranguen diferentes tipos de operacións nas fases do ciclo urbano da auga ou en materia medio ambiental, como o existente para o seguimento e control de vertedoiros clausurados.

Resultado de todo elo, ao longo de 2016 prestouse asistencia e cooperación a mais de 58 concellos da provincia e foron realizadas 50  reparacións e actuacións de mellora en 24 concellos. Entre os distintos tipos de operacións técnicas realizadas cabe salientar a realización de censos de abastecemento en 2 concellos, de controis de fraude en 2 concellos, a instalación de contadores en depósitos de 4 concellos e de cloradores en depósitos de 6 concellos e finalmente, 8 operacións de reparación en EDARs en 8 concellos.