Atrás

A EMPRESA MIXTA DA DEPUTACIÓN DE OURENSE; AQUAOURENSE, RENOVA AS CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE, MEDIO AMBIENTE E PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (PRL)

AUDELCOISO-9001ISO-14001

A empresa mixta da Deputación de Ourense; AquaOurense, renova as súas certificacións de Calidade (ETAP de Melias, Laboratorio e Oficina de AquaOurense), Medio Ambiente (Laboratorio e oficina) e Prevención de Riscos Laborais. 

Os principais obxectivos destes sistemas son, no tocante á calidade; incrementar a satisfacción do cliente mediante procesos de mellora continua que permitan garantir a prestación de servizos coa máxima excelencia. Pola súa banda, a ISO 14001 de medio ambiente, vela pola correcta xestión ambiental das actividades da empresa promovendo a protección ambiental e a prevención da contaminación dende un punto de vista de equilibrio cos aspectos socioeconómicos.

Finalmente, no tocante á seguridade e saúde ocupacional, a OHSAS mellora a prevención e control dos riscos laborais, reducindo tanto os danos tanto persoais como materiais, protexendo os recursos fundamentais e a reputación da Deputación de Ourense e AquaOurense.

As avaliacións realizadas polos auditores destacan a adecuación e eficacia do Sistema de Xestión Integrado para a mellora continua e o desempeño ambiental. Como puntos fortes en materia de PRL os auditores salientaron os Concursos de Ideas PRL internos e a celebración de charlas de seguridade e saúde en número superior ao esixido pola norma internacional.
 
O Sistema Integral de Xestión de AquaOurense está sustentado polos obxectivos estratéxicos da empresa, os cales son revisados e actualizados anualmente. Estes obxectivos están aliñados coas políticas da Deputación de Ourense na prestación de cooperación e asistencia aos concellos da provincia de Ourense e son os seguintes:
 
  • Asegurar que a calidade dos servizos prestados adecúase aos compromisos adquiridos coa Administración Local e son coherentes coas diversas necesidades locais.
  • Cumprir os principios de confidencialidade, concorrencia e transparencia cos provedores
  • Afondar no coñecemento das necesidades e expectativas da Administración Local, considerándoas no establecemento de estratexias, plans e obxectivos.
  • Aproveitar a canle de comunicación existente coa Administración Local para a mellora continua na prestación de servizos e para lograr un maior achegamento á poboación en xeral.
  • Respectar a biodiversidade e mellorar o comportamento medio ambiental da organización mediante a revisión dos aspectos ambientais, programas de mellora e sensibilización.
  • Establecer as medidas necesarias para evitar a contaminación facendo un uso racional e sostible dos recursos naturais e enerxéticos que sexan empregados.
  • Asegurar o cumprimento dos compromisos subscritos e legais aplicables .
  • Optimizar o funcionamento de procesos  a través da calidade e a eficiencia, potenciando a homoxeneización, a procura de sinerxías e a innovación.
  • Promover unha contorna respectuosa e de igualdade, así como implicarse na formación e desenvolvemento dos empregados.
  • Colaborar coas administracións, organizacións e entidades públicas e privadas co obxectivo de promover actuacións encamiñadas á mellora medio ambiental.