Atrás

EN 2016 O LABORATORIO DE AQUAOURENSE REALIZOU 1972 ANÁLISES DE POTABLES E 659 ANÁLISES DE RESIDUAIS DE MAIS DE 60 CONCELLOS DA PROVINCIA

O laboratorio de AquaOurense, operativo dende 2009, está dotado con recursos e instrumentación necesarios para a realización, segundo a normativa vixente, das actividades de Control e seguimento da calidade da auga en orixe, Control e supervisión dos procesos levados a cabo nas estacións de tratamento de auga potable, Control da auga nas redes de distribución, Control de augas residuais e Control de piscinas.

Para poder desenvolver con éxito todas estas actividades de control analítico, o laboratorio está dividido en 3 departamentos; o correspondente a análises microbiolóxicas, o laboratorio xeral no que realízanse as análises físico -químicas habituais das augas potables e o departamento de residuais no que realízanse as análises físico- químicas de augas residuais. AquaOurense tamén dispón de equipos para a realización de análises in-situ nos concellos que é preciso, algún exemplo dos equipos dispoñibles para esta labor son os fotómetros, os pHmetros, conductivímetros, termómetros ou tomamostras automáticos entre outros.

No tocante á determinación de compostos que requiren unha elevada especialización, como algúns dos parámetros de residuais e potables, AquaOurense recorre aos servizos do laboratorio de referencia Iproma.

Os recursos operativos do laboratorio de AquaOurense permiten realizar anualmente mais de 2500 controis analíticos de augas potables e residuais en mais de 70 concellos da provincia de Ourense.  Da totalidade deses análises, 1792 corresponden a augas potables que deben cumprir as esixencias do RS 140/ 2003 polo que establécense os criterios sanitarios da auga de consumo humano e 180 análises correspóndense a augas de piscinas que deben cumprir os criterios técnico- sanitarios das piscinas con base no RD 742/2013. Na mesma liña, da totalidade dos análises realizados polo laboratorio de AquaOurense, 659 correspóndense a análises de augas residuais, dos cales 636 teñen que ver co seguimento das EDAR de 55 concellos e 23 análises foron realizadas nun concello para o seguimento de fangos. 

Finalmente, a través do Plan Anual de Mostraxe de AquaOurense,  no tocante ás augas potables recolléronse 112 mostras completas correspondentes a 47 concellos, 108 mostras foron recollidas nas captacións de 4 concellos, 66 mostras para análises de Lexionela foron recollidas en 6 concellos, 289 mostras foron recollidas para a determinación de trihalometanos e 9 mostras foron recollidas para controis de auga termal nun concello da provincia. No tocante a augas residuais, foron recollidas 112 mostras relacionadas coas autorizacións de vertido de 21 concellos.