Atrás

A DEPUTACIÓN DE OURENSE E AQUAOURENSE CELEBRAN O DÍA MUNDIAL DA AUGA CON ALUMNOS DO CEIP RAIRIZ DE VEIGA

Con motivo do Día Mundial da Auga 2016 e baixo o lema ¿Auga e emprego¿, a Deputación de Ourense e AquaOurense organizaron unha serie de actividades de participación, concienciación e difusión cos alumnos do CEIP de Rairiz de Veiga. 

¿Mais de 1500 millóns de persoas traballan en sectores relacionados coa auga, namentres que todos os postos de traballo dependen en maior ou menor medida da auga¿; buscando a reflexión en torno a importancia da auga como motor de emprego, as actividades cos estudantes do CEIP de Rairiz de Veiga tiveron lugar no Centro Ecuestre da lagoa da Antela (Xinzo de Limia), espazo no que tanto os traballadores dependen do elemento auga para poder desenvolver as súas funcións como os animais dependen dela para sobrevivir. 

Durante a xornada 25 estudantes puideron coñecer o ciclo hídrico e as distintas fases polas que pasa a auga para chegar aos fogares, tamén as fases polas que pasa para ser depurada tras o uso por parte dos cidadáns. Tras as explicacións houbo xogos de preguntas e regalos para todos os asistentes. 
Como colofón final á xornada, os estudantes visitaron as instalacións do Centro ecuestre e divertíronse acicalando aos cabalos.