Laboratorio

O laboratorio de AquaOurense está dotado con recursos e instrumentación necesarios para a realización, segundo a normativa vixente, das seguintes actividades:

  • Control e seguimento da calidade da auga en orixe
  • Control e supervisión dos procesos levados a cabo nas estacións de tratamento de auga potable
  • Control da auga nas redes de distribución
  • Control de augas residuais
  • Control de piscinas

O laboratorio está dividido en 3 departamentos, un onde se realizan os análises microbiolóxicos, outro o laboratorio xeneral onde se realizan os análises físicos-químicos  habituais das augas potables e outro onde se realizan os análises físico-químocos de augas residuais.

  • SALA DE MICROBIOLOXIA: Sala situada nun lugar independente do resto do laboratorio, co espazo suficiente para traballar. Con dúas zonas diferenciadas:
    • Zona xeral, destinada a traballos bacteriolóxicos rutinarios.
    • Zona de esterilización, destinada á esterilización dos recipientes de toma de mostra e dos medios de cultivo.
  • SALA LABORATORIO FISICO-QUIMICO: Sala destinada para a realización dos análises físicos-químicos de auga potable. Tamén é a sala xeral, para recibir todas as mostras de potables, reactivos, etc...
  • SALA AUGAS RESIDUAIS: Sala independente destinada a realización dos análises físicos-químicos de auga residual.
  • ANALISES IN SITU: O laboratorio dispón de equipos para a realización de análises in situ. Como fotómetros, pHmetros, conductivimetros, termómetros, tomamostras automáticos, etc...