Información Corporativa

A empresa mixta AquaOurense desenvolve Asistencias Técnicas relacionadas co ciclo integral da auga, dende o seu comezo nas captacións de auga, tratamento de potabilización, distribución ao longo da rede de abastecemento, lectura, cobro, facturación de recibos, saneamento e depuración, ata o seu final, a restitución ao medio natural.

Ademais das relacionadas co ciclo hídrico, realízanse outras Asistencias Técnicas relacionadas directamente co medio ambiente e a sostibilidade, como a vixilancia e control de vertedoiros, plans de control de vertidos en zonas industriais, a realización de plans de participación cidadá e a proposta de proxectos innovadores de desenvolvemento sostible urbano.

 

CÓDIGO DE CONDUTA

Os valores éticos foron sempre unha parte central da estratexia e o desenvolvemento da empresa. No contexto actual faise máis indispensable que nunca para actuar con responsabilidade e ética nas nosas actividades para todos os grupos de relación. O Código de conduta de AquaOurense define os valores da nosa organización, os cales deben constituír unha referencia en todas as nosas condutas e accións, tanto individuais como colectivas.

 

Ver código de conduta