I+D+i

A raíz dos continuos vertidos de orixe industrial ao río Barbaña, causantes da continua chegada de augas contaminadas a este ecosistema fluvial cos seus consecuentes impactos, propúxose, como medida preventiva, a posta en marcha do Plan de Vixilancia e Control de Vertidos Industriais.

A Deputación de Ourense na súa labor de cooperación e asistencia cos concellos de menos de 20.000 habitantes, puxo en marcha, no ano 2012, o ¿Plan de vixilancia e control de vertidos industriais¿ nos polígonos de San Cibrao, Barreiros e Pereiro de Aguiar. O principal obxectivo desta medida é reducir e minimizar o impacto dos vertidos contaminantes no Barbaña, e por ende, detectar os focos de contaminación para que a lei actúe en consecuencia coas empresas infractoras, non sendo o obxectivo final do Plan, o de sancionar ás empresas, senón que se busca que tomen conciencia sobre a importancia de implantar medidas preventivas, nas súas instalacións, que eviten a chegada de vertidos contaminantes á rede de saneamento.

O ¿Plan de vixilancia e control de vertidos industriais¿ está dotado de 4 cabinas de control remoto que rexistran e envían datos dos 3 polígonos industriais (San Cibrao, Barreiros e Pereiro de Aguiar) e que están localizadas nas zonas que aparecen marcadas no mapa. Así, este sistema detecta os vertidos en tempo real, permitindo o control dos mesmos e permitindo determinar cal o cales foron as empresas causantes. As cabinas de control permiten a medición en continuo dos parámetros: turbidez, condutividade, pH e hidrocarburos.

 

 

Na seguinte gráfica apréciase a tendencia á baixa dos incumprimentos.