Historia

En outubro de 2007 o servizo de Augas e Medio ambiente da Deputación Provincial de Ourense  realiza unha enquisa aos concellos da provincia para coñecer:

  • Datos sobre a xestión dos servicios públicos relacionados co ciclo integral da auga, nos que ven realizando tarefas de cooperación.
  • Actuacións que os concellos ven necesarias no ámbito da asistencia e cooperación.

Co obxectivo de dar resposta ás necesidades detectadas nos anteditos estudos e tras superar o proceso de licitación pública, o 23 de decembro de 2008 Viaqua SAU e a Deputación de Ourense constitúen AquaOurense, é por iso que cando se fala do inicio da actividade da empresa, faise referencia ao ano 2009, xa que é o ano no que realmente comezou a xestión dos servizos públicos provinciais de asistencia e cooperación coas Entidades Locais (EELL) da provincia de Ourense en materia de servizos relacionados coa xestión integral do ciclo hídrico e do medio ambiente.

AquaOurense  facilita e canaliza a colaboración publico- privada para a xestión do ciclo hídrico e o medio ambiente en todos os concellos da provincia de Ourense que solicitan cooperación e asistencia á Deputación de Ourense nestas materias.