Concursos de Intercomparación

O laboratorio participa todos os anos en concurso de intercomparación, mediante a empresa IELAB.

Os Exercicios de Intercomparación Internacional nos que participa AquaOurense entre outros 1200 laboratorios, son un instrumento de prestixio para avaliar, comparar e mellorar a calidade dos resultados dos laboratorios de análise medioambiental.

As principais motivacións que levaron a AquaOurense a seleccionar a Ielab como provedor de servizos de intercomparación son:

  • Os estudos estatísticos aplicados teñen unha elevada significación, xa que o número de participantes ascende a mais de 1200 participantes en 53 países
  • Rapidez na obtención de resultados
  • Dispor dun soporte técnico especializado cunha ampla experiencia no control da calidade e na organización de exercicios de intercomparación
  • Acceso a todos os beneficios xerais da participación sistemática nos exercicios