Compromisos Cos Grupos de Interese

Compromisos cos socios e ca Xunta Xeral

  • Facilitar a información de forma transparente e actuar baixo criterios éticos
  • Tomar en consideración as necesidades sociais e medio ambientais por enriba das puramente económicas

Compromisos cos empregados

  • Establecer plans de formación que ofrezan posibilidades de promoción e mellora
  • Mellorar as canles de comunicación tanto horizontal como verticalmente
  • Integrar de forma efectiva a seguridade e saúde laboral
  • Facilitar aos traballadores a conciliación da vida persoal e laboral
  • Implantar medidas preventivas que protexan e fomenten a igualdade e o respecto entre os traballadores.

Compromisos coa administración local

  • Manter unha política de transparencia mediante o diálogo fluído
  • Atender, na medida do posible, ás necesidades técnicas dos concellos que así o solicitan
  • Actuar proactivamente respecto á evolución normativa do sector
  • Ofrecer servizos con calidade excelente

Compromisos cos usuarios dos servizos

  • Mellora continua da calidade dos servizos prestados
  • Establecer unha comunicación efectiva cos usuarios e coñecer a opinión dos mesmos a través da realización de enquisas de valoración da calidade na prestación dos servizos
  • Organizar actividades formativas e de sensibilización que permitan achegar á poboación á xestión pública, facéndoos partícipes do respecto ao medio ambiente.

Compromisos cos provedores

  • Afianzar relacións baseadas nos principios de integridade e honestidade
  • Promover a transparencia comunicativa
  • Manter os criterios de selección de provedores promovendo as boas prácticas.

Compromisos cos medios de comunicación e coa poboación da provincia de Ourense

  • Manter informados de todas as novas relativas á xestión do Ciclo hídrico e do medio ambiente
  • Asegurar a calidade da auga de consumo humano e a protección do medio ambiente
  • Facer públicos os datos da empresa e dos servizos que presta como exercicio de transparencia.
  • Realizar actividades de participación e concienciación
  • Facilitar a incorporación dos estudantes da provincia de Ourense ao mercado laboral.