Asistencias Técnicas

A provincia de Ourense está formada por 92 concellos, dos que 91 teñen menos de 20.000 habitantes, é dicir, todos agás a capitalidade da provincia, son competencia da Deputación de Ourense en materia de asistencia e cooperación. 

1: Asistencia técnica en materia de realización do protocolo de autoxestión dos abastecementos de auga de consumo.

2: Asistencia técnica para a xestión de servizos de abastecemento de auga.

3: Asistencia técnica para a xestión de concesións de abastecementos de auga potable.

4: Asistencia técnica para o cumprimento das obrigas municipais en materia de augas destinadas ao consumo humano previstas no RD 140/2003.

5: Asistencia técnica en materia de control sanitario de augas de baño.

6: Asistencia técnica en materia de realización de protocolos de autocontrol de piscinas.

7: Asistencia técnica para a explotación de estacións depuradoras de augas residuais de tipo biolóxico e biodiscos.

8: Asistencia técnica para o mantemento de depuradoras compactas en núcleos de poboación.

9: Asistencia técnica en materia de xestión de autorizacións de vertidos de augas residuais urbanas.

10: Asistencia técnica para a limpeza, baleirado e xestión de lodos de foxas sépticas de titularidade pública municipal.

11: Asistencia técnica en materia de cumprimento do plan de vixilancia e control de vertedoiros clausurados de RSU- Residuos domésticos.